martes, 28 de mayo de 2013

Curtometraxe

Agora volvemos á carga! 
Estamos creando unha curtometraxe sobre as consecuencias que pode ter o sacar a tecnoloxía obligatoria da nosa educación.

Argalladas de maio !

Boas a todos!
Hai tempo que non andamos moitos polo blog, por causa do atarefados que estábamos pola letras galegas. Creamos un montón de cousas!
Vámosvolas ensinar!

A novidade deste ano é que cambiamos a nosa típica revista anual por unha dixital, máis eficiente e vistosa.

Primeiramente creamos un blog, que se irá enchendo de noticias ó longo do curso polo equipo de redacción da Xanela. Velaquí o tedes!

Tamén creamos e editamos unha revista na plataforma Wix. Está en formato HTML 5, que facilita o acceso á información e ademais, tamén nos facilita navegar pola revista en dispositivos móbiles.
Esta Xanela, editarase a finais de curso recompilando todo o que xa estaba dentro da XanelaBlog.
Aquí tedes tamén a Revista Xanela.

Xa ten o seu traballiño todo esto, non? Pois aínda non foi todo!

Dende o grupo audiovisual do Club do Antifás elaboramos un vídeo documental sobre a figura de Roberto Vidal Bolaño, a quen este ano se lle adicou o Día das Letras Galegas.




A ver se vos gustan todas as argalladas que fixemos(;


Sara Hermo

lunes, 13 de mayo de 2013

HTML siglas de HyperText Markup Language  (lenguaje de marcado hipertextual) que fai referencia ao lenguaxe de marcado predominante para o marcador para a elaboracion de paxinas web que se utilizan para describir e traducir a estrutura e a informacion en forma de texto, asi como para complemetar o texto con obxectos tales como imaxes. O HTML escribese en forma de <etiquetas> rodeado por corchetes angulares (<,>). HTML tamen pode describir hasta un certo punto a apariencia dun documento e pode incluir  un script o cal pode afetar o comportamento de navegadores web e outros procesadores de HTML.

martes, 7 de mayo de 2013

Lei LOMCE

A lei organica para a mellora da calidade educativa ou lomce e tamen denominada "ley wert", e unha proposta de reforma da lei organica educativa(2/2006, del 3 de mayo) ou loe.

A reforma obedece a politica de austeridade xeneralizada pola union europea de reducir o gasto publico en educacion dentro do contexto da crise economica na que se encontra España dende 2008.