f. Hortalisa crucífera con follas radicales moi anchas e de pencas jrosas. Cultívanse moitas variedades, todas comestibles, que se distinjen polo color e a fijura das suas follas.
viernes, 15 de marzo de 2013
jueves, 14 de marzo de 2013
Excursión á Coruña !
O pasado 25 de abril fomos a unha excursión de tecnoloxía, moi interesante, por certo. Ao primeiro sitio que fomos foi; Voz Televisión. A de cousas que aprendemos alí!
O que máis nos sorprendeu foi que o plató e moi pequeno, ainda que dende a casa parace moi grande. Isto é debido a que xogan coa iluminación para que pareza máis grande. Ah! E as lamparas de 500 a 600 W. E o de que as presentadoras chapan as noticias que din é un mito, en realidade teñen pantallas onde o poden ir lendo sen que se note e ademáis, nesta canle, escríbenas elas mesmas.
Tamén nos sorpendeu de onde saen as noticias que se contan nos telexornais. Pois resulta que hai varias formas: comprándollas a determinadas axencias que se adican a eso, recibindo gravacións en bruto para logo editalas ou enviando ós reporteiros da Voz.
E como chega a tele ás nosas casas? Pois a señal grávasase no plató, pasa á sala de control, pásase a dixital, codifícase para que pese menos e envíase a traves do aire ás nosas casas.
Ah, un de nos preguntoulle se emitían en HD pero resulta que non, porque aínda non son unha cadena moi grande, e iso sería moi custoso. Ademáis a maioría da xente que os ve, dálle igual que sexa en HD ou non, por iso aínda non emiten en HD pero dixéronnos que pronto o farán.
Non só vimos o plató, por suposto, tamén vimos a sala de control, donde se controla todo o que sucede en plató e as noticias que se emiten. Esta consta de varios ordenadores e cada ordenador ten a súa función. Un encárgase da emisión, e decir, nel poñénse as noticias que queres emitir ao largo do día para que saian na tele. Outro fai exactamente o mesmo, por se acaso se estropea un, que non se corte a emisión e outro controla os subtítulos que se poñen nalgúns programas ou telediarios e os gráficos si fai falta poñelos. Tamén se controlan dende alí as cámaras , a iluminación do plato, están en contacto coas presentadoras, ... Nunha emisión en directo soen estar alí 5 técnicos e en plató un e as presentadoras.
Cabe mencionar, que o señor que nos atendeu, era diseñador gráfico e inxeñeiro de telecomunicacións foi realmente amable, e ata nos deixou probar a facer algunhas cousas.
Ao saír da tele, fomos á parte da Voz Xornal, foi con nós unha rapaza moi xentil, que nos levou pola redacción do xornal. Explicounos que alí, as noticias en canto chegan, se lle asignan a unha persoa e esta, ten que ter todo rematado antes das 10 da noite, porque a esa hora póñense en marcha as máquinas e comeza a impresión do xornal.
A continuación, levounos á parte da imprenta. Alí, contounos que o xornal que imprime nunhas pranchas de metal, dúas páxinas en cada prancha e de aí saen as impresión do xornal, dado que a prancha está en relieve. Nos primeiros xornais, facíase algo moi parecido, o que pasa é que a pranchas eran de plomo, pero modernizáronse.
A nosa guía, tamén nos contou que na Voz, se imprimen máis xornais, para así aforrar gastos en transporte, porque, por exemplo, si un xornal ten a súa redacción e imprenta en Madrid, gastaría máis no transporte diario ata aquí que si o imprime noutra empresa. Ademáis, o impacto medioambiental é moito menor, e o xornal sempre chegará a tempo.
Ensinounos as grandes bobinas de papel reciclado que se usan na impresión, a máis pequena pesaba máis de 150 quilos !
Ao finalizar, entramos no pequeno museo que teñen alí, e foi impresionante!
Había varias máquinas antigas, moi bonitas e singulares, e tamén había xornais de había moitos, moitos, moitos anos! Por exemplo, encontramos o Alfar, A Nosa Terra ou Galicia, e precisamente, non pensábamos velos !
Ao rematarmos aí, tomamos rumbo á Fundación Barrié de la Maza, para asistir ao Concurso de Robótica, no que todos os grupos participaron. Foi moi entretido, pero sóubonos a pouco.
E dende aquí, dámoslle a noraboa ás nosas compañeiras, que o ganaron!
Ao saír do concurso, marchamos cara á Escola Superior de Artes e Oficios Pablo Picasso, onde nos explicaron o funcionamento da escola, os ciclos que se imparten alí, as saídas que hai. Despois leváronnos por distintos talleres e o profesor de cada un contounos que se facía alí, o funcionamento, etc ... Fomos ó taller de fotografía, policromía e dourados, forxa, diseño gráfico, escultura, alfarería, tallado en madeira, debuxo, audovisuais ... Estivo xenial!
Ós que tiñan pensado estudar alí, ou algo de artes, as cousas quedáronlle moito máis claras e cunhas perpectivas de futuro moito máis amplas.
Ao rematar, viñémonos de volta a Boiro, con moitas cousas novas aprendidas e ideas novas.
Aquí vos deixamos o noso álbum de fotografías dese día !
Un saúdo ! :D
jueves, 7 de febrero de 2013
lunes, 4 de febrero de 2013
Presentación Prezi
Por aquí andan xa as nosas presentacións para o Comenius!
Aínda non está rematada, pero vai progresando (;
Podedes ver aquí !
Aínda non está rematada, pero vai progresando (;
Podedes ver aquí !
martes, 22 de enero de 2013
Nestos momentos andamos preparando unhas pequenas presentacións utilizando o programa Prezi. É moi entretido, tanto para a persoa que fai a presentación como para o público que o ve.
As presentacións, van a ser enviadas a Polonia, Alemaña e Francia, como parte do Comenius no que empezamos a participar este ano, e que rematará no 2014. º
A presentación que teño que facer e sobre o Teatro Galego, asi que, como realizamos o proxecto de Amores Prohibidos 2.0 aproveito para falar sobre Chévere e tamén sobre o proxecto.
Aquí vos deixo o meu mapa mental.
Aquí vos deixo o meu mapa mental.
About.me de Toño
Son Toño e o meu about.me é este aínda esta en proceso, pronto estará o completo e poderedes disfrutar del.
lunes, 21 de enero de 2013
about.me
Pois por aquí andamos de novo!
Resulta que na clase andamos argallando cunha ferramenta chamada about.me que serve para facer unha pequena biografía con formas de contactar (Facebook, Twitter, Flickr..). Tamén permite poñer todo tipo de enlaces e personalizar a páxina poñendo imaxes de fondo, as fontes de escritura, as cores ...
Probádea, ten pinta de ser moi práctica!
Eu , deíxovos aquí a miña.
Resulta que na clase andamos argallando cunha ferramenta chamada about.me que serve para facer unha pequena biografía con formas de contactar (Facebook, Twitter, Flickr..). Tamén permite poñer todo tipo de enlaces e personalizar a páxina poñendo imaxes de fondo, as fontes de escritura, as cores ...
Probádea, ten pinta de ser moi práctica!
Eu , deíxovos aquí a miña.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.jpg)