martes, 16 de abril de 2013

Black mirror. Capítulo 2.

Xa acabamos de ver o segundo capítulo de Black Mirror!
Este episodio pareceume boísimo! Trata de que os humanos, levan unha vida totalmente ficticia e xa decidida.
Viven en habitacións, nas que só hai unha cama, e todo está rodeado de pantallas. En canto se levantan, van para uns recintos, cheos de bicicletas estáticas, nas que teñen que pedalear para conseguir cartos mentres diante teñen outra pantalla. Os cartos que conseguen, sérvenlle para mercar roupa para o seu avatar, renovalo ou esquivar a  publicidade das pantallas.
Ao andar nas bicicletas o que consiguen é xerar enerxía para o seu mundo ficticio e manter as pantallas e luces acendidas, e á vez tamén consiguen créditos para eles. As persoas que non conseguen aguantar, son destinadas a recoller o lixo. Outras, son estrelas televisivas que conseguiron chegar alí mediante algún concurso.
No capítulo, conta a historia dun home que non é feliz, sabe que o manipulan, pero el non pode facer nada. Un día, chega unha muller nova ó recinto no que el ten que pedalear. El, sinte algo que nunca sentira, e namórase. Escoitaa cantar e aproveita a ocasión para falar con ela e regálalle un billete (que costa un montón de créditos e horas de pedaleo) para que vaia a un concurso de talentos a cantar. Encandila a todo o mundo, máis quérena para que sexa unha actriz porno. A rapaza acaba aceptando. O home, impotente pola decisión que tomou a sua namorada. El, con rabia, volve a conseguir créditos para poder mercar un billete e ir ao concurso público, cando está enriba do escenario, revélase contra todo, dí todo o que pensa e desafogase. Nunca nadie pensara que alí podería pasar eso.

Capítulo 3 da serie Black mirror

En tecnoloxía vimos o terceiro capítulo da serie "Black mirror" un dos capítulos que mais me gustaron. Neste capítulo falan sobre a tecnoloxía nas persoas como si foran robots. Aqui a tecnoloxía demostranos como un montón de cousas sirve pero é unha arma de doble fio na que antes ou despois se sabe todo. Aquí un home grazas a esa memoria que tiñan que podian ver cando quixeran calqera parte da sua vida,vai saber que a súa muller lle poñía os cornos e o fillo non iba ser del. Por desgracia as novas tecnoloxías axudan a saber cousas que noutras épocas nunca se saberían. Esta serie e unha das mellores q vin e que me encanta e espero ver máis capítulos.    

TOÑO MARTÍNEZ CESPÓN

lunes, 15 de abril de 2013

"Black mirror" temporada 1 capítulo 2

Un día desta semana vimos na clase o segundo capítulo da serie de Black mirror,das tres que vimos era a mais liosa e dificil de entender. Nela enseñabanos como unhas persoas tiñan que facer todo o día bicicleta ppara xerenar enerxia para poder utilizar as luces. Cando facian bicicleta conseguian puntos que necesitaban para comer e para vivir,cando nn servian utilizabanos para limpar. Si conseguias 15 millóns de puntos poderias aceder a unha prueba de talentos que se che elegian deixabas de facer bicicleta e vivirias ben,poderias ser tamen actriz porno. Eu o que aprendin deste capitulo e que seguramente como esta avanzando a tecnoloxía dentro de uns anos nada sera real sera como vivir entre maquinas nas que as personas non van valer para nada. Espero que a xente vexa os capítulos e lles guste tanto como me gustaron a min. TOÑO

viernes, 5 de abril de 2013

Capítulo 1. Black Mirror

Esta semana, na clase de informática, comezamos a ver unha serie chamada Black Mirror, de Charles Brooker, que foi emitida na televisión.


Cada temporada desta serie consta duns 3 capítulos que non teñen nada que ver entre sí, máis si teñen un fio común, a crítica da sociedade actual.A partir de agora, a cada capítulo que vexamos, cada alumnos escribirá un pequeno comentario. Asique, vou a comezar!

O primeiro capítulo desta serie, "El himno nacional" trata do secuestro da princesa Sussanah. O secuestrador desta, sube un vídeo a YouTube no que a princesa le o que o secuestrador pide como rescate. O vídeo envíase ao Primeiro Ministro dos Estados Unidos, Michael Callow, xa que para salvala el terá que manter realcións sexuais cun porco e sería emitido en todas as televisións do Estado.O Primeiro Ministro vese entre a espada e a parede, e en primeiro lugar pide que ese vídeo sea sacado da rede e que non se difunda en ningún medio de comunicación, pero chega tarde, xa fora descargado e subido novamente a YouTube e visto por unha cantidade moi grande de persoas.O Primeiro Ministro e os seus axentes, ect... moven todos os fios posibles para non ter que facer o que o secuestrador lle pide. Movilizan ós axentes especiales de policía, investigadores, etc ...Non conseguen encontrar o que querían, asique unha das axentes prepara unha montaxe nun estudio cun actor para cambiarlle a cara e poñer ao primeiro Ministro, pero un fan deste actor publicou en Twitter que o vira e chegou ás mans do secuestrador. Como resultado, o primeiro Ministro tivo que facer o pedido no primeiro vídeo para salvar a Sussanah.


O que realmente esto explica e critica este capítulo da serie é ao extremo, tanto bó como malo, que poden chegar as influencías das redes sociales na nosa sociedade, e as consecuencias que conlevan.

Por outra banda, no plano audiovisual, vin este capítulo con planos tremendamente buscados, nos que se obsevan un montón de reflexos e se xoga moito cos obxectos do fondo. Abundan moito tamén os primeiros planos e secuencias, non moi largas.

Tamén quero comentar, que tivemos un problema con dous profesores deste centro respecto a Black Mirror.Resulta, que a nosa profesora non puido vir e nos deixou como traballo que vísemos outro capítulo da serie, e así o fixemos. Máis cando estabamos a ver, apareceu unha escea de sexo (onde só se vían as caras dos personaxes) e a correspondiente profesora á que lle tocara vir para a nosa clase obligábanos a quitar a serie, porque segundo o seu criterio "Non é apta para rapaces da nosa idade. Tampouco apto para velo na escola e moito menos na ensinanza pública. Que si os nosos pais nos deixan velo, o vexamos na casa con eles. E que llo iba a decir ao xefe de estudios" 
A min estos comentarios non me pareceron nada adecuados, xa que a serie trata da nosa sociedade e a fácil forma que hai para manipulala, de modo que eso deberianos interesar a todos, xa que tamén a todos nos afecta. E remarco que foi emitida en televisión (Cuatro, para ser precisos) en horario infantil.

Ademáis de esto, outro profesor do centro á hora seguinte, estando con compañeiros da miña clase (que estiveran neste conflicto ca profesora), púxolle o segundo capítulo, dado que era o traballo que tiñan na ausencia da súa profesora de informática. O dito profesor de garda (que estaba enterado do que sucedera respecto da serie nas horas anteriores) púxolle a serie, pero ós 6 minutos de comezar quitóullela alegando que "Que non se metería nin interrumpiría nos contidos da profesora de informática, pero que non se facía responsable e mentres estivesen con el non a verían".
Este tipo de comentarios e comportamentos non me parecen nin éticos nin coherentes, xa que si a profesora nos quere poñer esa serie é porque ten as súas razóns e motivos, e ademáis está totalmente informada sobre como é a serie xa que a viu e ningún outro profesor lle debe decir o que pode e non pode ensinar na súa materia. Por outra banda, se di que non quere interromper nos contidos da materia, por que o fai?

E, que pasa, os alumnos non temos dereito a opinar? Durante os conflictos, nós dixemos que non queríamos que a sacasen, interesábanos de verdade o que víamos, pero non nos fixeron absolutamente nada de caso. Pensan que somos aínda tan inxenuos como para non comprender de que tratan as cousas, do que pasa ó noso arredor e o do que nos intentan transmitir, non só ca serie, se non, na vida en xeral e non é así, para nada! Sentímonos, eu polo menos, como un monicreque e creen que vamos a facer o que digan só porque eles o digan, ou ver o que eles queren polo seu simple criterio de decir que eso é o correcto. E non é así. Non o vamos a facer. Non.


Sara Hermo Alonso



Black mirror, capitulo 1.

O martes en informatica vimos un video de Black mirror e vou dar a miña opinion.
A miña opinion sobre este capitulo e que as redes sociales teñen moito poder e calquera noticia chega a calquera persoa en un minuto.
Sobre o que pasou cos de 4ºA pareceme unha tonteria xa que cousas peores se  ven pola tele e en internet.

  David Calviño González 4ºC

Black Mirror

 Este dÍa vimos un capítulo da serie "Black Mirror".É unha serie que cada temporada saca tres capítulos que non teñen nada que ver un co outro. No que nos vimos fala mais que nada sobre as redes sociales, que hai veces que poden traer problemas importantes como lle pasou o protagonista. O colgar un video en youtube non se pudo quitar porque cando se fixo xa habia miles de copias por ai que volverían a subilos.No video decialle o primer ministro que se tiña que follar a un porco.Contrataron a un actor para que o fixera pero cando iba para o estudio sacóulle unha foto unha persona e grazas a twitter entérase todo o mundo de que o vai facer un actor,o que leva a que o primeiro ministro o teña que facer pa salvar a princesa.
 Esto quere decir que as redes sociales son unha arma de doble fío sirven para relacionarse pero o mesmo tempo poden pasarche factura.

No insituto do IES A CACHADA o señor Manuel Tubío e Purificación Arias creen que esta serie non se pode ver nun ensino público porque aparecen escenas nas que aparecen follando.Hai películas que nos poñen nas que vemos que matan a negros por ser negros, e din que e para que aprendamos que somos todos ijuales,din que esas poden verse pois que mal ten esta serie que nos aprende como son en realidade as redes sociales e porque apareza xente follando xa esta mal? O sexo hoxe en día xa xe tiña que enseñar moitas cousas nos institutos asi probablemente haberia menos problemas. Creo que e de gran ignorancia que pensen asil.

Feito por TOÑO MARTÍNEZ CESPÓN.

jueves, 14 de marzo de 2013

Prezi de David!

Excursión á Coruña !


O pasado 25 de abril fomos a unha excursión de tecnoloxía, moi interesante, por certo. Ao primeiro sitio que fomos foi; Voz Televisión. A de cousas que aprendemos alí!
O que máis nos sorprendeu foi que o plató e moi pequeno, ainda que dende a casa parace moi grande. Isto é debido a que xogan coa iluminación para que pareza máis grande. Ah! E as lamparas de 500 a 600 W. E o de que as presentadoras  chapan as noticias que din é un mito, en realidade teñen pantallas onde o poden ir lendo sen que se note e ademáis, nesta canle, escríbenas elas mesmas.
Tamén nos sorpendeu de onde saen as noticias que se contan nos telexornais. Pois resulta que hai varias formas: comprándollas a determinadas axencias que se adican a eso,  recibindo gravacións en bruto para logo editalas ou enviando ós reporteiros da Voz.
E como chega a tele ás nosas casas? Pois a señal grávasase no plató, pasa á sala de control, pásase a dixital,  codifícase para que pese menos e envíase a traves do aire ás nosas casas.
Ah, un de nos preguntoulle se emitían en HD pero resulta que non, porque aínda non son unha cadena moi grande, e iso sería moi custoso. Ademáis a maioría da xente que os ve, dálle igual que sexa en HD ou non, por iso aínda non emiten en HD pero dixéronnos que pronto o farán.
Non só vimos o plató, por suposto, tamén vimos a sala de control, donde se controla todo o que sucede en plató e as noticias que se emiten. Esta consta de varios ordenadores e cada ordenador ten a súa función.  Un encárgase da emisión, e decir, nel poñénse as noticias que queres emitir ao largo do día para que saian na tele. Outro fai exactamente o mesmo, por se acaso se estropea un, que non se corte a emisión e outro controla os subtítulos que se poñen nalgúns programas ou telediarios e os gráficos si fai falta poñelos. Tamén se controlan dende alí as cámaras , a iluminación do plato, están en contacto coas presentadoras, ... Nunha emisión en directo soen estar alí 5 técnicos e en plató un e as presentadoras.
Cabe mencionar, que o señor que nos atendeu, era diseñador gráfico e inxeñeiro de telecomunicacións foi realmente amable, e ata nos deixou probar a facer algunhas cousas.
Ao saír da tele, fomos á parte da Voz Xornal, foi con nós unha rapaza moi xentil, que nos levou pola redacción do xornal. Explicounos que alí, as noticias en canto chegan, se lle asignan a unha persoa e esta, ten que ter todo rematado antes das 10 da noite, porque a esa hora póñense en marcha as máquinas e comeza a impresión do xornal.
A continuación, levounos á parte da imprenta. Alí, contounos que o xornal que imprime nunhas pranchas de metal, dúas páxinas en cada prancha e de aí saen as impresión do xornal, dado que a prancha está en relieve. Nos primeiros xornais, facíase algo moi parecido, o que pasa é que a pranchas eran de plomo, pero modernizáronse.
A nosa guía, tamén nos contou que na Voz, se imprimen máis xornais, para así aforrar gastos en transporte, porque, por exemplo, si un xornal ten a súa redacción e imprenta en Madrid, gastaría máis no transporte diario ata aquí que si o imprime noutra empresa. Ademáis, o impacto medioambiental é moito menor, e o xornal sempre chegará a tempo.
Ensinounos as grandes bobinas de papel reciclado que se usan na impresión, a máis pequena pesaba máis de 150 quilos !
Ao finalizar, entramos no pequeno museo que teñen alí, e foi impresionante!
Había varias máquinas antigas, moi bonitas e singulares, e tamén había xornais de había moitos, moitos, moitos anos! Por exemplo, encontramos o Alfar, A Nosa Terra ou Galicia, e precisamente, non pensábamos velos !
Ao rematarmos aí, tomamos rumbo á Fundación Barrié de la Maza, para asistir ao Concurso de Robótica, no que todos os grupos participaron. Foi moi entretido, pero sóubonos a pouco.
E dende aquí, dámoslle a noraboa ás nosas compañeiras, que o ganaron!
Ao saír do concurso, marchamos cara á Escola Superior de Artes e Oficios Pablo Picasso, onde nos explicaron o funcionamento da escola, os ciclos que se imparten alí, as saídas que hai. Despois leváronnos por distintos talleres e o profesor de cada un contounos que se facía alí, o funcionamento, etc ... Fomos ó taller de fotografía, policromía e dourados, forxa, diseño gráfico, escultura, alfarería, tallado en madeira, debuxo, audovisuais ... Estivo xenial!
Ós que tiñan pensado estudar alí, ou algo de artes, as cousas quedáronlle moito máis claras e cunhas perpectivas de futuro moito máis amplas.
Ao rematar, viñémonos de volta a Boiro, con moitas cousas novas aprendidas e ideas novas.
Aquí vos deixamos o noso álbum de fotografías dese día !
Un saúdo ! :D