jueves, 14 de marzo de 2013

Excursión á Coruña !


O pasado 25 de abril fomos a unha excursión de tecnoloxía, moi interesante, por certo. Ao primeiro sitio que fomos foi; Voz Televisión. A de cousas que aprendemos alí!
O que máis nos sorprendeu foi que o plató e moi pequeno, ainda que dende a casa parace moi grande. Isto é debido a que xogan coa iluminación para que pareza máis grande. Ah! E as lamparas de 500 a 600 W. E o de que as presentadoras  chapan as noticias que din é un mito, en realidade teñen pantallas onde o poden ir lendo sen que se note e ademáis, nesta canle, escríbenas elas mesmas.
Tamén nos sorpendeu de onde saen as noticias que se contan nos telexornais. Pois resulta que hai varias formas: comprándollas a determinadas axencias que se adican a eso,  recibindo gravacións en bruto para logo editalas ou enviando ós reporteiros da Voz.
E como chega a tele ás nosas casas? Pois a señal grávasase no plató, pasa á sala de control, pásase a dixital,  codifícase para que pese menos e envíase a traves do aire ás nosas casas.
Ah, un de nos preguntoulle se emitían en HD pero resulta que non, porque aínda non son unha cadena moi grande, e iso sería moi custoso. Ademáis a maioría da xente que os ve, dálle igual que sexa en HD ou non, por iso aínda non emiten en HD pero dixéronnos que pronto o farán.
Non só vimos o plató, por suposto, tamén vimos a sala de control, donde se controla todo o que sucede en plató e as noticias que se emiten. Esta consta de varios ordenadores e cada ordenador ten a súa función.  Un encárgase da emisión, e decir, nel poñénse as noticias que queres emitir ao largo do día para que saian na tele. Outro fai exactamente o mesmo, por se acaso se estropea un, que non se corte a emisión e outro controla os subtítulos que se poñen nalgúns programas ou telediarios e os gráficos si fai falta poñelos. Tamén se controlan dende alí as cámaras , a iluminación do plato, están en contacto coas presentadoras, ... Nunha emisión en directo soen estar alí 5 técnicos e en plató un e as presentadoras.
Cabe mencionar, que o señor que nos atendeu, era diseñador gráfico e inxeñeiro de telecomunicacións foi realmente amable, e ata nos deixou probar a facer algunhas cousas.
Ao saír da tele, fomos á parte da Voz Xornal, foi con nós unha rapaza moi xentil, que nos levou pola redacción do xornal. Explicounos que alí, as noticias en canto chegan, se lle asignan a unha persoa e esta, ten que ter todo rematado antes das 10 da noite, porque a esa hora póñense en marcha as máquinas e comeza a impresión do xornal.
A continuación, levounos á parte da imprenta. Alí, contounos que o xornal que imprime nunhas pranchas de metal, dúas páxinas en cada prancha e de aí saen as impresión do xornal, dado que a prancha está en relieve. Nos primeiros xornais, facíase algo moi parecido, o que pasa é que a pranchas eran de plomo, pero modernizáronse.
A nosa guía, tamén nos contou que na Voz, se imprimen máis xornais, para así aforrar gastos en transporte, porque, por exemplo, si un xornal ten a súa redacción e imprenta en Madrid, gastaría máis no transporte diario ata aquí que si o imprime noutra empresa. Ademáis, o impacto medioambiental é moito menor, e o xornal sempre chegará a tempo.
Ensinounos as grandes bobinas de papel reciclado que se usan na impresión, a máis pequena pesaba máis de 150 quilos !
Ao finalizar, entramos no pequeno museo que teñen alí, e foi impresionante!
Había varias máquinas antigas, moi bonitas e singulares, e tamén había xornais de había moitos, moitos, moitos anos! Por exemplo, encontramos o Alfar, A Nosa Terra ou Galicia, e precisamente, non pensábamos velos !
Ao rematarmos aí, tomamos rumbo á Fundación Barrié de la Maza, para asistir ao Concurso de Robótica, no que todos os grupos participaron. Foi moi entretido, pero sóubonos a pouco.
E dende aquí, dámoslle a noraboa ás nosas compañeiras, que o ganaron!
Ao saír do concurso, marchamos cara á Escola Superior de Artes e Oficios Pablo Picasso, onde nos explicaron o funcionamento da escola, os ciclos que se imparten alí, as saídas que hai. Despois leváronnos por distintos talleres e o profesor de cada un contounos que se facía alí, o funcionamento, etc ... Fomos ó taller de fotografía, policromía e dourados, forxa, diseño gráfico, escultura, alfarería, tallado en madeira, debuxo, audovisuais ... Estivo xenial!
Ós que tiñan pensado estudar alí, ou algo de artes, as cousas quedáronlle moito máis claras e cunhas perpectivas de futuro moito máis amplas.
Ao rematar, viñémonos de volta a Boiro, con moitas cousas novas aprendidas e ideas novas.
Aquí vos deixamos o noso álbum de fotografías dese día !
Un saúdo ! :D

No hay comentarios:

Publicar un comentario