martes, 28 de mayo de 2013

Argalladas de maio !

Boas a todos!
Hai tempo que non andamos moitos polo blog, por causa do atarefados que estábamos pola letras galegas. Creamos un montón de cousas!
Vámosvolas ensinar!

A novidade deste ano é que cambiamos a nosa típica revista anual por unha dixital, máis eficiente e vistosa.

Primeiramente creamos un blog, que se irá enchendo de noticias ó longo do curso polo equipo de redacción da Xanela. Velaquí o tedes!

Tamén creamos e editamos unha revista na plataforma Wix. Está en formato HTML 5, que facilita o acceso á información e ademais, tamén nos facilita navegar pola revista en dispositivos móbiles.
Esta Xanela, editarase a finais de curso recompilando todo o que xa estaba dentro da XanelaBlog.
Aquí tedes tamén a Revista Xanela.

Xa ten o seu traballiño todo esto, non? Pois aínda non foi todo!

Dende o grupo audiovisual do Club do Antifás elaboramos un vídeo documental sobre a figura de Roberto Vidal Bolaño, a quen este ano se lle adicou o Día das Letras Galegas.




A ver se vos gustan todas as argalladas que fixemos(;


Sara Hermo

No hay comentarios:

Publicar un comentario