sábado, 15 de diciembre de 2012

AP 2.0 nos Mestre Mateo

Boas!
Temos unha novas no noso IES , que ninguén agardaba.
Resulta que, o proxecto que fixemos o curso pasado, Amores Prohibidos 2.0 (aquí o podedes ver), xunto  coa compañía de teatro Chévere, foi nominada aos premios Mestre Mateo.
O noso proxecto consisitiu en representar Romeo e Xulieta, xunto con Shakespeare de narrador, mediante as redes sociais (como base Redenasa.tv ), con vídeos e fotografías, no contexto de que os protagonistas fosen dous alumnnos de 14-15 anos do instituto da Cachada. O seu conflicto ligüístico: galego e castelán.
O proxecto realizouse en cinco días, que é o tempo no que transcorre na novela. Aínda que traballamos durante moito tempo máis, tanto na interpretación, como producción, cámaras ...
Foi moi ben acollido, con moitos seguidores, pero non nos esperábamos que chegasemos a ter a posibilidade de optar a premios de tal prestixio.
E posto que estamos na candidatura, eu pídovos que nos axudedes a chegar á nominación. Cando se abran as votacións do público poñerei outra entrada co enlace, para que nos podades axudar a conseguir o que agora mesmo máis nos gustaría. Sería moi gratificante só chegar á nominación e pensar que todo o traballo que fixemos ten a súa recompensa.
Aquí podedes ver tamén o Making Off do proxecto.

Sara.      

No hay comentarios:

Publicar un comentario