martes, 4 de diciembre de 2012

Programas de edición de imaxe e debuxo

Hoxe vamos falar dos programas de edición de imaxe e de debuxo para as computadoras.

     Programas de edición de fotografía:

Á hora de escoller un prgrama para editar fotografías hai que ter en conta o tipo de imaxe co que vamos a traballar : 
               · Vectorial : imaxes formadas por obxectos xeométricos independentes e definidos da forma matemática. É decir, que o tamaño dunha imaxe realizada de forma vectorial pode aumentar ou diminuír sen que lle afecte á calidade desta.

               · Bitmap : son imaxes que se representan mediante unha estructura, a modo de reixa , onde cada punto se representa cun píxel de cor.

  Algúns exemplos de programas de edición de imaxe son: 


   - Photoshop : é unha aplicación para a creación, edición e retoque de imaxes. É desenrolado pola companía Adobe Systems. 




- Picasa : é un organizador e visor de imaxes e tamén unha ferramenta para editar e exportar fotografías. Picasa tamen posee un sitio web para compartir fotos, nos que podes ter os teus álbumes online.
É un programa tanto de escritorio como online, segundo a parte que utilices.
Ten integración con Google+





- PhotoScape : é un completo programa no que podes editar as túas imaxes con variadas ferramentas e crear fotomontaxes. 
Tamén inclúe aplicacións para capturar a pantalla da túa computadora e creación de gifts animados, entre outros.
É un programa de escritorio gratuíto.




- Gimp : é un programa de edición de imxes dixitais en forma de mapa de bits. Utilízase para fotografías e debuxos. É un programa libre e gratuíto. 



- PicMonkey : é unha aplicación web para editar fotos online. É moi recente, ten gran calidade de efectos, ferramentas moi variadas e é moi fácil de utilizar.







      - Programas de debuxo:

Estes programas utilízanse para crear entornos gráficos, como debuxos animados.

Algúns exemplos son:

     - InspirARTion : serve para debuxar cunha ferramenta moi especial de simetrías ca que se conseguen efectos moi interesantes. Podese traballar online ou descargar gratuítamente.





Grafitti creator : é unha aplicación para crear grafittis virtuales. Pódense crear grafittis co teu nome ou logotipo, combinando distintas cores como se se tratara dun spray, simulando un grafitti e usando distintas fontes.




- Flame painter : é un programa de debuxo que che permite creara obras con lapas. Con este programa , persoas sen habilidades artísticas poden crear obras orixinais sen complicación. 





Storybird : é un programa que nos permite crear historias, contos ou narracións a partirde imaxes ordenadas e clasificadas por categorías. Ten unha opción para profesores, á que se accede mediante un correo electrónico educativo.



- CorelDraw : é unha aplicación deseñada para suplir múltiples necesidades, como o debuxo, maquetación de páxinas para impresión e para a publicación web.
Utiliza imaxes de tipo vectorial.







- Mapa conceptual sobre os programas de debuxo ( Feito con Google Draw, en Drive ):
                                                               
                                                                                          (Sara)




No hay comentarios:

Publicar un comentario