martes, 16 de abril de 2013

Black mirror. Capítulo 2.

Xa acabamos de ver o segundo capítulo de Black Mirror!
Este episodio pareceume boísimo! Trata de que os humanos, levan unha vida totalmente ficticia e xa decidida.
Viven en habitacións, nas que só hai unha cama, e todo está rodeado de pantallas. En canto se levantan, van para uns recintos, cheos de bicicletas estáticas, nas que teñen que pedalear para conseguir cartos mentres diante teñen outra pantalla. Os cartos que conseguen, sérvenlle para mercar roupa para o seu avatar, renovalo ou esquivar a  publicidade das pantallas.
Ao andar nas bicicletas o que consiguen é xerar enerxía para o seu mundo ficticio e manter as pantallas e luces acendidas, e á vez tamén consiguen créditos para eles. As persoas que non conseguen aguantar, son destinadas a recoller o lixo. Outras, son estrelas televisivas que conseguiron chegar alí mediante algún concurso.
No capítulo, conta a historia dun home que non é feliz, sabe que o manipulan, pero el non pode facer nada. Un día, chega unha muller nova ó recinto no que el ten que pedalear. El, sinte algo que nunca sentira, e namórase. Escoitaa cantar e aproveita a ocasión para falar con ela e regálalle un billete (que costa un montón de créditos e horas de pedaleo) para que vaia a un concurso de talentos a cantar. Encandila a todo o mundo, máis quérena para que sexa unha actriz porno. A rapaza acaba aceptando. O home, impotente pola decisión que tomou a sua namorada. El, con rabia, volve a conseguir créditos para poder mercar un billete e ir ao concurso público, cando está enriba do escenario, revélase contra todo, dí todo o que pensa e desafogase. Nunca nadie pensara que alí podería pasar eso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario