viernes, 26 de abril de 2013

Lei Lassalle



A Lei Lassalle é un endurecemento da Lei Sinde. Trátase dunha lei de propiedade intelectual. O seu nome fai “honra” ó seu maior defensor e impulsor, José María Lassalle, secretario do Ministerio de Cultura. Esta lei o que intenta é controlar a meneira de compartir arquivos en internet. Hai varios cambios respecto a este momento: redefínese o concepto de copia privada, (ten que estar relizada por un mesmo, sen asistencia de terceiros; dende o soporte orixinal e sempre que sexamos propietarios do orixinal, non valen alquileres nin préstamos. Dáse luz verde a poder culpar as webs de enlaces aínda que non teñan contidos, preténdese vixiar aos infractores involucrando empresas de comunicación, cobrar unha parte do canon das universidades e regular a supervisión das entidades que xestionan os dereitos de autor. Con esta nova lei, póderase inculpar a calquera web que teña enlazados contidos, ainda que non os aloxe, de maneira que a comunicación xa non é pública. Báseanse na regra de que “un arquivo descargado é un arquivo que se deixa de vender”, fixeronse varios estudos (entre eles un estudo da Unión Europea realizado no sector da música) que afirman que as descargas teñen pouco ou ningún efecto nas compras dixitais, e que os resultados suxiren que a gran maioría da música descargada tampouco hubera sido comprada aínda que se puidera acceder a ela de forma gratuita. Aquí, deixo un artigo moi interesante onde explica minuciosamente os cambios e con exemplos, para que se entenda mellor. Tamén deixo outro artigo de Eroski Consumer, moi fácil de comprender.

Sara Hermo Alonso

No hay comentarios:

Publicar un comentario