viernes, 5 de abril de 2013

Capítulo 1. Black Mirror

Esta semana, na clase de informática, comezamos a ver unha serie chamada Black Mirror, de Charles Brooker, que foi emitida na televisión.


Cada temporada desta serie consta duns 3 capítulos que non teñen nada que ver entre sí, máis si teñen un fio común, a crítica da sociedade actual.A partir de agora, a cada capítulo que vexamos, cada alumnos escribirá un pequeno comentario. Asique, vou a comezar!

O primeiro capítulo desta serie, "El himno nacional" trata do secuestro da princesa Sussanah. O secuestrador desta, sube un vídeo a YouTube no que a princesa le o que o secuestrador pide como rescate. O vídeo envíase ao Primeiro Ministro dos Estados Unidos, Michael Callow, xa que para salvala el terá que manter realcións sexuais cun porco e sería emitido en todas as televisións do Estado.O Primeiro Ministro vese entre a espada e a parede, e en primeiro lugar pide que ese vídeo sea sacado da rede e que non se difunda en ningún medio de comunicación, pero chega tarde, xa fora descargado e subido novamente a YouTube e visto por unha cantidade moi grande de persoas.O Primeiro Ministro e os seus axentes, ect... moven todos os fios posibles para non ter que facer o que o secuestrador lle pide. Movilizan ós axentes especiales de policía, investigadores, etc ...Non conseguen encontrar o que querían, asique unha das axentes prepara unha montaxe nun estudio cun actor para cambiarlle a cara e poñer ao primeiro Ministro, pero un fan deste actor publicou en Twitter que o vira e chegou ás mans do secuestrador. Como resultado, o primeiro Ministro tivo que facer o pedido no primeiro vídeo para salvar a Sussanah.


O que realmente esto explica e critica este capítulo da serie é ao extremo, tanto bó como malo, que poden chegar as influencías das redes sociales na nosa sociedade, e as consecuencias que conlevan.

Por outra banda, no plano audiovisual, vin este capítulo con planos tremendamente buscados, nos que se obsevan un montón de reflexos e se xoga moito cos obxectos do fondo. Abundan moito tamén os primeiros planos e secuencias, non moi largas.

Tamén quero comentar, que tivemos un problema con dous profesores deste centro respecto a Black Mirror.Resulta, que a nosa profesora non puido vir e nos deixou como traballo que vísemos outro capítulo da serie, e así o fixemos. Máis cando estabamos a ver, apareceu unha escea de sexo (onde só se vían as caras dos personaxes) e a correspondiente profesora á que lle tocara vir para a nosa clase obligábanos a quitar a serie, porque segundo o seu criterio "Non é apta para rapaces da nosa idade. Tampouco apto para velo na escola e moito menos na ensinanza pública. Que si os nosos pais nos deixan velo, o vexamos na casa con eles. E que llo iba a decir ao xefe de estudios" 
A min estos comentarios non me pareceron nada adecuados, xa que a serie trata da nosa sociedade e a fácil forma que hai para manipulala, de modo que eso deberianos interesar a todos, xa que tamén a todos nos afecta. E remarco que foi emitida en televisión (Cuatro, para ser precisos) en horario infantil.

Ademáis de esto, outro profesor do centro á hora seguinte, estando con compañeiros da miña clase (que estiveran neste conflicto ca profesora), púxolle o segundo capítulo, dado que era o traballo que tiñan na ausencia da súa profesora de informática. O dito profesor de garda (que estaba enterado do que sucedera respecto da serie nas horas anteriores) púxolle a serie, pero ós 6 minutos de comezar quitóullela alegando que "Que non se metería nin interrumpiría nos contidos da profesora de informática, pero que non se facía responsable e mentres estivesen con el non a verían".
Este tipo de comentarios e comportamentos non me parecen nin éticos nin coherentes, xa que si a profesora nos quere poñer esa serie é porque ten as súas razóns e motivos, e ademáis está totalmente informada sobre como é a serie xa que a viu e ningún outro profesor lle debe decir o que pode e non pode ensinar na súa materia. Por outra banda, se di que non quere interromper nos contidos da materia, por que o fai?

E, que pasa, os alumnos non temos dereito a opinar? Durante os conflictos, nós dixemos que non queríamos que a sacasen, interesábanos de verdade o que víamos, pero non nos fixeron absolutamente nada de caso. Pensan que somos aínda tan inxenuos como para non comprender de que tratan as cousas, do que pasa ó noso arredor e o do que nos intentan transmitir, non só ca serie, se non, na vida en xeral e non é así, para nada! Sentímonos, eu polo menos, como un monicreque e creen que vamos a facer o que digan só porque eles o digan, ou ver o que eles queren polo seu simple criterio de decir que eso é o correcto. E non é así. Non o vamos a facer. Non.


Sara Hermo Alonso



No hay comentarios:

Publicar un comentario